“A forza de construír ben chégase a bo arquitecto” ARISTÓTELES

A nosa forma de traballar

Dende hai máis dunha década Ezcurra e Ouzande arquitectura propón un enfoque sostible ao mundo da arquitectura nos seus diversos ámbitos, dende deseño urbano a deseño interior ou industrial.

Deseñamos de xeito rigoroso e coherente coa nosa forma de pensar. Empregamos os materiais con claridade e honestidade, procurando solucións sostibles tanto na construcción coma no emprazamento. Poñemos atención nas preexistencias para dotalas dun novo valor. Temos en conta ao usuario final, as súas necesidades e aspiracións.

Cada deseño é un reto na busca da mellor solución. Cada proxecto axústase ata atoparmos a solución precisa.

Cremos que un bo deseño xorde dunha aproximación global a cada un dos seus compoñentes formais, funcionais e técnicos; e por iso ofrecemos solucións completamente integrais, incluíndo enxeñaría, deseño interior, mobiliario, paisaxismo, etc.

Supervisamos coidadosamente o desenvolvenmento de cada proxecto dende a súa concepción, durante toda a execución, ata a súa completa finalización.

O noso equipo multidisciplinar traballa conxuntamente coa flexibilidade dun pequeno estudio, o que nos permite una mellor comunicación e coordinación entre membros do equipo e clientes. Dende as nosas respectivas especialidades poñemos todos os nosos coñecementos, habilidades e entusiasmo en cada un dos proxectos que levamos a cabo.

Que facemos

Construcción social, ambiental e económicamente sostible
Estratexia enerxética
Rehabilitación e restauración
Intervención no espazo urbán
Paisaxismo e axardinamento
Deseño interior
Deseño industrial

Equipo

Cristina Ouzande Lugo
ARQUITECTA. Especialidade en Edificación

Cristina Ezcurra de la Iglesia
ARQUITECTA. Especialidade en Urbanismo

Julio Pedreira Rico
DESEÑADOR DE INTERIOR

Antonio Blanes Mateo
TÉCNICO EN PROXECTOS DE CONSTRUCIÓN

Sandra Arcos Suárez
ARQUITECTA. Especialidade en Teoría e Deseño

studio-2-lr