Novas

 

27/09/2021

O Centro de Urxencias Extrahospitalarias de A Laracha obtén unha mención na categoría Nova Planta dos XIX Premios COAG.

18/02/2021

Hoxe estamos de noraboa: obtemos unha mención na categoría Sostenibilidade dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020 polo Centro de Urxencias Extrahospitalarias de A Laracha, primeiro edificio de madeira do Sistema Galego de Saúde.

01/07/2019

Participamos en Lignomad19, congreso sobre construción con madeira. Explicaremos o proceso de rehabilitación de Villa Concepción e presentaremos a nova ampliación do Centro de Saúde de A Laracha.

Máis información

28/06/2019

A Rehabilitación da Fortaleza de Monterrei na publicación O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

Enlace á publicación en PDF

05/11/2018

Compartimos convosco esta entrevista do último monográfico da revista Promateriales de Arquitectura Actual onde falamos de Rehabilitación e dos nosos recentes traballos.

Ler entrevista

02/07/2018

O vindeiro mércores participaremos no Foro de debate sobre rehabilitación que organiza o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase de compartir puntos de vista nun diálogo aberto a todos os asistentes. ¡Agardámosvos!

Programa

Ezcurra e Ouzande30/04/2018

Estamos invitadas a participar no V Foro de Rehabilitación Rianxo, unha cita de referencia na rehabilitación e restauración de edificios organizada pola Oficina de Rehabilitación do Concello de Rianxo. A nosa intervención, Polo miúdo, terá lugar o sábado 5 de maio ás 10:00. Grazas a todas as persoas e institucións implicadas no evento.

Máis información

Ezcurra e Ouzande arquitectura31/05/2017

Ezcurra e Ouzande arquitectura finalista do Concurso de anteproxectos para Rehabilitación de vivendas no lugar de Fondodevila.

Enlace a página web del concurso

19/05/2017

Asociación de Investigación de las Industrias de la Madera, AITIM, dedica o último número da súa revista a escaleiras de madeira e fai unha selección de traballos na que inclúen as escaleiras que realizamos para o Parador Castelo de Monterrei e para a Casa na Rúa dos Basquiños.

Acceso á revista

06/01/2017

A nosa proposta, mención especial no Concurso Museo do Palacio El Capricho, exponse do 6 ao 15 de febreiro na sede do Colexio Oficial Arquitectos de Madrid (Hortaleza 63, Madrid) dentro da mostra Resultados Concursos OCAM.

19/01/2017

Ezcurra e Ouzande arquitectura e RVR Arquitectos gañadores do concurso convocado polo Consorcio da Cidade de Santiago para redactar o Plan Director do Pazo de Raxoi.

22/11/2016

Ezcurra e Ouzande arquitectura gaña o concurso convocado polo Sergas para construír un novo Centro de Saúde en O Saviñao (Lugo)

05/10/2016

Ezcurra e Ouzande arquitectura gaña o concurso convocado polo Sergas para ampliar o Centro de Saúde de A Laracha (A Coruña) coa construción dun Punto de Atención Continuada.

Ezcurra e Ouzande arquitectura | Santiago de Compostela28/07/2016

O xurado do Concurso de ideas para a rehabilitación e musealización do Palacio El Capricho en Madrid outorga unha Mención Especial á nosa proposta.

Resultado completo do concurso

05/07/2016

Ezcurra e Ouzande arquitectura gaña o concurso para recuperar o núcleo tradicional e o entorno da capela de A Balsa en Triacastela (Lugo) convocado polo Ministerio de Fomento co obxecto de recuperar núcleos tradicionais e poñer en valor o patrimonio do Camiño de Santiago.

05/07/2016

Ezcurra e Ouzande arquitectura obtén o primeiro premio no concurso convocado polo Ministerio de Fomento para recuperar o núcleo tradicional de A Pena en Paradela (Lugo) co obxecto de poñer en valor núcleos tradicionais que forman parte do Camiño de Santiago.

iguzzini2016 Ezcurra e Ouzande arquitectura Santiago de Compostela01/03/2016

A iluminación do Castelo de Monterrei no catálogo internacional de iGuzzini: The Product Book 2016

Ver catálogo

05/02/2016

Utópica casa rural en Galicia, reportaxe en Homify sobre a nosa rehabilitación de vivenda tradicional en Negreira.

Ler artigo

08/01/2016

V Televisión emite unha reportaxe onde expertos decoradores falan sobre o noso traballo en Vila Concepción.

Ver reportaxe

07/01/2016

Reportaxe sobre o proxecto de iluminación do Castelo de Monterrei no número 28 da revista especializada Lumínica.

Ler reportaxe

06/01/2016

Vila Concepción elixida segunda mellor casa de Europa do mes pasado en Homify.

Ver nova en La Opinión de A Coruña.

30/12/2015

Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia publica na súa revista semestral Albura unha entrevista onde falamos da importancia da madeira no noso traballo.

Ler entrevista

01/12/2015

A revista Promateriales publica un especial Rehabilitación coa nosa intervención no Castelo de Monterrei.

Ler reportaxe

XAL14 Ezcurra e Ouzande arquitectura Santiago de Compostela05/07/2013

A iluminación do restaurante A Nave de Vidán, rehabilitación dunha antiga nave industrial en Santiago de Compostela, no catálogo internacional de Xal.

Ver catálogo